sábado, 21 de junio de 2008

Irmáns

Camiñan ó meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estraños.

Pero ti, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmau che falo.

Se é tua a miña noite,
se choran os meus ollos o teu pranto,
se os nosos berros son iguais,
coma un irmau che falo.

Anque as nosas palabras sexan distintas,
e negro e eu branco,
se temos semellantes as feridas,
coma un irmau che falo.

Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
se os nosos soños son iguais,
coma un irmau che falo.

Común temos a patria,
común a loita, ambos,
a miña man che dou,
coma un irmau che falo.

Longa noite de pedra, Celso Emilio Ferreiro

2 comentarios:

todosconmj dijo...

Vese que andamos escasos de ideas que volvemos a recorrer ao clasico Celso Emilio eh! Así sabes que nunca te equivocas, que gran poeta. De calquera xeito non te confies, sigue traballando.

Di que si sariña di que si, unha única patria, o mundo,unha única cor, a da sangre, unha única humanidade, a que chora,,,

DrMalignoXXX dijo...

"Un verdadero amigo es aquel que llega cuando todos se han ido."

"No camines delante de mí, puede que no te siga. No camines detrás de mí, puede que no te guíe. Camina junto a mí y sé mi amigo"