sábado, 31 de mayo de 2008

Albert Camus

"Le mal qui est dans le monde vient presque toujours de l'ignorance, et la bonne volonté peut faire autant de dégâts que la méchanceté, si elle n'est pas éclairée."

(O mal que hai no mundo ven case sempre da ignorancia, e a boa vontade pode causar tantos estragos coma a maldade, se non a ilumina o coñecemento.)

Albert Camus

3 comentarios:

todosconmj dijo...

Tes razón, a túa interpretación é moito máis esclarecedora. Non podería estar máis dacordo contigo. Aínda así preguntome se esa máxima non debería estar bordada na bandeira da democracia. Se sabemos que o que máis abunda e a ignorancia, por que deixarmos que a maioria nos impoña o seu criterio?
Estou algo polémico, onte a Igrexa e hoxe a democracia,,, Gustame o teu blog sarinha sigue así.

Sarinha dijo...

Tes razón, esa é unha gran pregunta, a democracia basease na libre decisión de todo o pobo pero hai que ter en conta que ás veces as decisións non van de man do coñecemento senón da ignorancia. Propós entón o goberno da aristocracia, como Platón?
Espero a túa resposta!

Agora non sei cando volverei actualizar porque con Selectivo ahí, a parte que teño que atopar algo con que facelo, espero encontralo no libro que estou lendo agora que se titula 'La noche quedó atrás' e que xa cho deixarei que creo que che vai gustar! Bicos todosconmj!

todosconmj dijo...

Unha aristocracia sería un paso atras. Non se pode marcar unha liña que divida aos mellores do resto, non hai ninguen que a marque. Tampouco defendo un sistema tecnocratico, senon xusto o contrario. Gustaríame crer que a educación podería ser patrimonio de todos, pero non unha como a dagora. Unha nova educación que cree unha nova humanidade de individuos máis autónomos, máis cooperadores, máis xustos, máis respetuosos. Estos novos individuos non aceptarían este vulgar sistema de dictadura de maiorias cos seus preceptos de que todos os votos valen o mesmo e calquera e apto para gobernar. Mentres existan diferencias entre as persoas non é xusto que valgan todas as opinións igual nin que todo o mundo teña a posibilidade de dirixir. O día que estas diferencias non existan e o ser humano seña capaz de vivir respetando aos demais, a si mesmo e a natureza non será necesario un Estado nin un sistema organizativo. Eles sos seran capaces de autogobernarse como unha única nación universal, pero entendendo esta como unha suma de individuos que, conscientes da súa pertenza a humanidade, actúan acorde coa súa condición de irmaos uns dos outros.
Unha única humanidade, un único mundo, un único sentimento de axuda e cooperación mútua. Para que esto fose posible, deberíamos superar o materialismo, tanto como capitalismo como comunismo, Deberíamos deixar atrás as estructuras de poder xerárquico e centrarnos na realización personal do autodidacta que se forma a si mesmo como unha nova persoa libre de necesidades materiais máis ala das imprescidibles, que valora o esforzo e a virtude por riba da comodidade e satisfacción inmediata de desexos e paixóns. Esta persoa non necesitará obedecer máis norma que a autoelixida pois cando escriba a súa propia lei daralle a forma do respeto aos demais. Esta nova humanidade non busca a deus, convirtese nel. Non necesita un paraiso celestial pois convirte o seu fogar,a Terra, nun paraiso terrenal; non pensa noutra vida mellor pois sintese pleno nesta; non pensa na existencia da alma, pois todo el é espiritu. Eu soño con esta nova humanidade, pero son consciente de que xamais será máis que un soño. Sei que non é posible a irmandade universal. Sei que un soñador nunca cambia nada. Sei que o que eu pido non será concedido. Por eso espero que duremos pouco, que a raza humana se autodestrua o mais pronto posible; pois mentres sigamos a ser un cancer pro planeta avergonzareime de formar parte desta humanidade. Seguirei desexando que algo nos extermine, para así darlle unha oportunidade a vida de evolucionar cara algo mellor. Oportunidade que doutro xeito non terá.

Para mín, o home, a raza humana, a humanidade so é unha gran decepción.